
Tamén ofrecemos as clases privadas para particulares, grupos ou organización de workshops para eventos especiais como despedidas, cumpreanos, eventos corporativos, etc.
Se podes imaxinálo, podemos facelo!
Contáctanos para máis detalles. Estaremos encantadas de organizar un evento memorable para ti e os teus amigos. ..
Contacta con nos no email contacta@beatrizseijo.com ou por teléfono ou Whatsapp no número 689 014 365
- Onde: Av da Liberdade 13
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Funcionamento:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa, conleva a cancelación da praza.
- En caso de desistimento, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. Este dereito poderá ser exercido ata 10 días antes da celebración do taller. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no mesmo ano académico, entendendo como tal o periodo entre setembro e xuño do ano seguinte.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
