Artista Plástica / Pintora Galega
Beatriz Seijo é unha pintora Galega residente en Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira artística en Ferrol, aprendendo a debuxar e pintar co artista José González Collado, co que dende moi pequeña aprendeu o oficio. Realizou un grande número de exposicións e no seu palmarés atópanse importantes premios.
Estudio e Galería de Arte en Compostela
En Santiago de Compostela, podes visitar o seu estudio de pintura e a súa Galería de Arte de Autor, onde podes ver as súas obras.
So tes que acercarte ao barrio de Santa Marta.
En que pensas?
Coa súa obra, Beatriz convídanos á reflexión sobre as cousas que pasan pola súa mente, pero tamén nos induce a pensar no noso propio ritmo de vida nesta sociedade occidental que nos leva da man –ás veces demasiado rápido- e que nos empuxa a camiñar sen tempo para analizar o que é verdadeiramente importante.