Pódense cancelar as clases?
Si, podes cancelar as túas clases en calquera momento. Pero ten en conta o seguinte:
Se cancelas con máis de 12 horas antes do inicio da clase, terás unha bonificación dunha clase, para poder reservar outra cando mellor che conveña, coa a condición de que haxa ocos dispoñibles.
Se cancelas con menos de 12 antes do inicio da clase, terás unha bonificación parcial que che permitirá recuperar esa clase, pero só poderás reservala no mesmo día da clase desexada, sempre e cando haxa ocos dispoñibles.
Exemplos:
Eva cancela a súa clase de Torno do mércores 6 de octibre ás 17:00h e a cancela o 20 de setembro ás 13:00h. Gustaríalle recuperala o xoves 7 de outubro ás 19:00h. Poderá realizaro sen ningún problema.
Ana cancela a súa clase de Pintura ao Óleo do xoves 8 de setembro ás 12:00h e a cancela o mesmo día ás 08:00. Gustaríalle recuperala o martes 20 de setembro ás 17:00h. Terá que esperar ata o martes 20 de setembro para poder reservala.
Hai algún prazo para recuperar as clases canceladas?
As clases canceladas póderanse recuperar ata o último día de clase do curso do grupo no que te apuntaches.
Podo recuperar as clases pendentes se me dou de baixa?
Sí, máis só poderás facelo ata o día en que se faga efectiva dita baixa.
Exemplo:
Rafa está apuntado ás clases de Cerámica dos martes ás 10:00h e solicita a baixa o 5 de marzo. Ten de prazo ata o 31 de marzo para poder recuperalas. A partir dese día as clases non recuperadas pérdense.