Crea o teu set de almorzo

Deseña e constrúe con barro un set de almorzo único, composto por un prato, unha culler e unha cunca, para empezar o día de maneira especial.

 

Neste taller aprenderás unha técnica de modelado en barro e de decoración para darlle cor ás túas pezas. Unha sesión pensada para conectar co material, crear e xogar, mentres te mergullas nun proceso creativo que fará que os teus almorzos sexan aínda máis especiais.

 

Este taller é apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para quen desexa introducirse na cerámica.

 

Nós proporcionámosche todos os materiais e ensinámoste a modelar as túas pezas. En aproximadamente 15 días, terás as túas pezas cocidas no forno e listas no noso taller.

 

O que fai que este taller sexa tan especial é que é un dos nosos talleres máis desexados. A xente valora a diferenza nos acabados e, por iso, recomendan elixir os talleres máis longos. Así, podes centrarche nos detalles, personalizar cada peza ao teu gusto e gozar do proceso sen présas. É a oportunidade perfecta para crear algo verdadeiramente único e feito por ti.

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
Outros talleres e experiencias que che poden interesar

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email