Casiñas
Deseña e constrúe con barro unha preciosa casiña que poderás empregar coma portavelas, lapiseiro, floreiro ou, simplemente, como un obxecto decorativo elaborado coas túas propias mans.
Neste taller aprenderás unha técnica de modelado en barro coñecida coma prancha e
de decoración con engobes para darlle cor ás túas pezas. Unha sesión pensada para conectar
co material, crear e xogar, mentres te mergullas nun proceso creativo que fará
que os teus almorzos sexan aínda máis especiais.
Este taller é apto para niveis iniciais e especialmente
recomendado para quen desexa introducirse na cerámica.
Nós proporcionámosche todos os materiais e ensinámoste a modelar as túas pezas. En aproximadamente 15 días, terás as túas pezas cocidas no forno e listas no noso taller.
- 21 de Marzo de 2026 17:00-20:30
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.
