Pratos de aperitivo

Apetéceche ter os teus pratos de aperitivo feitos por ti e pasar unhas horas de desconexión total?


Se che gusta traballar coas mans ou buscas un espazo para deixar fluir a túa creatividade, ven a descubrir con nos as infinitas posibilidades que ofrece a cerámica. Non necesitas coñecementos previos. Co curso de cerámica aprenderás as diversas técnicas paso a paso e ao teu propio ritmo. O obxectivo é desfrutar do proceso.O curso está dirixido a todo tipo de público e non é necesario ningún coñecemento previo.


Traballaremos técnicas básicas como o amasado e preparación do barro e después modelaremos as formas dos nosos pratos. Despois decoraremos as pezas con engobes e deixaremolas listas para que nosas esmaltemos por ti.

  

Ao finalizar, os nosos profesores encargaranse de cocer as pezas para que queden ben rematadas e sexan aptas para decoración e uso alimentario, e serán entregadas a cada participante.


O prezo inclúe os materiais e a cocción das túas pezas (máximo 4 pratos por alumno e que poderás vir a recoller en setembro. (Avisámoste por correo)

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email