Colgarexos

1 2 3 4

Deseña e constrúe con barro os teus propios colgantes cerámicos.


Aprenderás unha técnica básica de modelado en barro e de decoración con engobes para darlle cor. Unha sesión para conectarche con este material, crear e xogar. Terás obxectos feitos coas túas propias mans, que farán que luzan de forma especial. Apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para introducirche na cerámica. 


Grupo mixto para todas as idades. Para maiores de 7 anos. Os menores de 10 anos terán que facer o taller acompañados dun adulto.


Nós proporcionámosche todos os materiais e ensinámosche a modelar as túas pezas, e en 15 días (aprox) teralas cocidas e listas no noso taller.

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email