con Nahuel Pérez

Deseña e construe con barro un set de almorzo composto de prato, culler e cunca, para comezar o día de xeito especial. Aprenderás unha técnica básica de modelado en barro e de decoración con engobes para darlle cor. Unha sesión para conectarte con este material, crear e xogar. Terás un obxeto feito coas tuas propias mans, que fará que os teus almorzos sexan máis especiais. Apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para introducirte na cerámica.

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Funcionamento:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa, conleva a cancelación da praza.
  3. En caso de desistimento, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. Este dereito poderá ser exercido ata 10 días antes da celebración do taller. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra.
  6. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email