Iniciación ó torno - Veran
É a túa primera vez diante do torno? ou xa comezaches a coñecelo pero aínda che custa centrar?
Atrévete co modelado por torno. Ensinaremosche a divertirte con este elemento. Pero lembra: require constancia e destreza.
Obxectivo:
- Coñecer e usar as ferramentas do oleiro.
- Coñeocer as diferentes pastas cerámicas para o torneado.
- Coñecer a técnica de amasado manual do barro para o torno.
- Aprender a centrar la peza sobre o torno e realizar cilindros sobre el, como base para a realización das pezas.
- Aprender a realizar pezas abertas e pechadas.
Ó final do curso, podrerás levarte as túas pezas cocidas e esmaltadas para casa.
A quen vai dirixido este curso?
A calquer persoa maior de 16 anos que non lle importe deixar de lado ó ordenador e mancharse as mans, que goce dos procesos artesanáis e queira poñer a proba a súa creatividade. Non é preciso ningún coñecemento previo.
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.