Xoiaría cerámica
Celebra a túa creatividade no noso novo obradoiro de creación de xoiaría cerámica dun mes!
Explora a fusión da cerámica e a xoiaría para deseñar pezas únicas.Aprede técnicas básicas para deseñar, modelar e pintar pezas de xoiaría en cerámica. Neste obradoiro poderás desenrrolar a túa propia colección de xoias cerámicas a través de diferente técnicas como as planchas, deseñarás e crearás as túas xoias cerámicas diferentes e decoraralas con engobes e esmaltes.
Este obradoiro é apto para tódolos niveis. Sumerxete na experiencia de crear xoiaría única mentras gozas dun ambiente creativo. O noso obxetivo é que desfrutes creando e descubras o teu talento artístico.
Proporcionámosche todos os materiais* e ensinámosche a modelar as túas pezas.
*non se inclúen fornituras/enganches para o montaxe de pezas
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.