Iniciación á cerámica 1 mes
Se che gusta traballar coas mans ou buscas un espazo para deixar fluir a túa creatividade, ven a descubrir con nos as infinitas posibilidades que ofrece a cerámica. Con este curso de cerámica aprenderás as diversas técnicas paso a paso e ao teu propio ritmo. O obxetivo é desfrutar do proceso.
O curso está dirixido a todo tipo de público. Pode ser un bo momento para compartir en compañía da túa familia ou amigos, realizando unha actividade manual e creativa, á vez que das os teus primeiros pasos nas técnicas cerámicas.
Ao finalizar, os nosos profesores encargaranse de cocer as pezas para que queden ben rematadas e sexan aptas para decoración e uso alimentario, e serán entregadas a cada participante. Inclúense todos los materiais e ferramentas necesarias para realizar a túa pieza cerámica de principio a fin.
No caso de que non poidas asistir a algunha clase, tes a opción de recuperala en calquera horario, ata 2 semanas despois da finalización do teu curso.
Non é necesario ningún coñecemento previo para realizar este curso.
Unha vez finalizado, se te matriculas nun dos nosos cursos regulares, regalámosche 25 € de desconto.
Este curso intensivo ofrecese no noso estudio de Pontepedriña.
- 2 de Setembro de 2024 17:30-19:30
- 9 de Setembro de 2024 17:30-19:30
- 16 de Setembro de 2024 17:30-19:30
- 23 de Setembro de 2024 17:30-19:30
- 30 de Setembro de 2024 17:30-19:30
- 3 de Setembro de 2024 18:00-20:00
- 10 de Setembro de 2024 18:00-20:00
- 17 de Setembro de 2024 18:00-20:00
- 24 de Setembro de 2024 18:00-20:00
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.