Grabado y estampación de sellos
Descubre a técnica do linograbado neste novo obradoiro adicado á grabación e estampación de selos con temática botánica!
Neste taller, traballaremos diferentes deseños coa técnica de carvado como introducción ó linograbado e crearemos o noso propio selo. Podrás traballar o teu propio deseño ou reproducir os aportados pola profesora creando grabados únicos que capturan a beleza das prantas e flores. Guiaremosche paso a paso, dende a selección de imaxes ata a impresión final, aportandoche as habilidades necesarias para expresar a túa creatividade de maneira artística.
Faremos elementos decorativos en papel, tales como etiquetas ou marcapáxinas.
Ó finalizar este obradoiro, levaráste os teus propios selos e o arte final no sorporte de papel da forma que escollas (postal, etiqueta ou guirnalda).
A quen vai dirixido este taller?
A calquer persoa entre 12 y 99 años. Non son necesarios coñecementos previos.
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.