Iniciate 1 mes no Torno


É a túa primera vez diante do torno? ou xa comezaches a coñecelo pero aínda che custa centrar?
Atrévete co modelado por torno. Ensinaremosche a divertirte con este elemento. Pero lembra: require constancia e destreza.
No caso de que non poidas asistir a algunha clase, tes a opción de recuperala en calquera horario, ata 2 semanas despois da finalización do teu curso.
Obxectivos:
- Coñecer e usar as ferramentas do oleiro.
- Coñecer as diferentes pastas cerámicas para o torneado.
- Coñecer a técnica de amasado manual do barro para o torno.
- Aprender a centrar a peza sobre o torno e realizar cilindros sobre el, como base para a realización das pezas.
- Aprender a realizar pezas abertas e pechadas.
- 5 de Marzo de 2025 17:20-19:20
- 12 de Marzo de 2025 17:20-19:20
- 19 de Marzo de 2025 17:20-19:20
- 26 de Marzo de 2025 17:20-19:20
- 5 de Marzo de 2025 19:40-21:40
- 12 de Marzo de 2025 19:40-21:40
- 19 de Marzo de 2025 19:40-21:40
- 26 de Marzo de 2025 19:40-21:40
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.


















