Xoiaría cerámica - 3 semanas

1 2 3

Celebra a túa creatividade no noso novo obradoiro de creación de xoiaría cerámica durante 3 clases!

Explora a fusión da cerámica e a xoiaría para deseñar pezas únicas.Aprede técnicas básicas para deseñar, modelar e pintar pezas de xoiaría en cerámica.  Neste obradoiro poderás desenrrolar a túa propia colección de xoias cerámicas a través de diferente técnicas como as planchas, deseñarás e crearás as túas xoias cerámicas diferentes e decoraralas con engobes e esmaltes.

 

Este obradoiro é apto para tódolos niveis. Sumerxete na experiencia de crear xoiaría única mentras gozas dun ambiente creativo. O noso obxetivo é que desfrutes creando e descubras o teu talento artístico.

Proporcionámosche todos os materiais* e ensinámosche a modelar as túas pezas.

 

*non se inclúen fornituras/enganches para o montaxe de pezas

Sobre noso estudio:

É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!

Condiciones de prestación del servicio:

  1. A compra supón a acetación da normativa.
  2. O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
  3. No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
  4. Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
  5. Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
  6. No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
  7. En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.

Created by Beatriz Seijo

Beatriz Seijo - Artist Studio + Gallery

Av da Liberdade 13, Santiago de Compostela, A Coruña

689 014 365

email