Crea floreiros molóns
Deseña e construe con barro un floreiro para facer os teus ramos máis especiais.
Aprenderás unha técnica básica de modelado en barro e de decoración con engobes para darlle cor. Unha sesión para conectarte con este material e crear. Terás un obxeto feito coas tuas propias mans.
Apto para niveis iniciais e especialmente recomendado para introducirte na cerámica. A partir de 10 anos.
Proporcionámosche todos os materiais e ensináremosche a modelar as túas pezas. En 15 días (aprox) terás as piezas cerámicas cocidas e listas no noso taller.
- 15 de Febreiro de 2025 17:00-20:30
Sobre noso estudio:
É un espazo de creación e formación en cerámica e pintura artística. Ofrecemos cursos, obradoiros, monográficos, e tamén galería de arte con obras propias. ¡Un espazo acolledor aberto á creatividade!
Condiciones de prestación del servicio:
- A compra supón a acetación da normativa.
- O non pagamento da tarifa no prazo indicado, conleva a cancelación da praza.
- No caso de que non poida asistir ao obradoiro e nolo informe ata 7 días antes da celebración do obradoiro, serálle entregado un vale que poderá canxear por calquera outro obradoiro. En caso contrario, non se entregará ningún vale.
- Os bonos regalo e os vales poderán ser canxeados por calquera obradoiro ofertado a realizar no prazo establecido dentro do bono adquirido.
- Para canxear os bonos ou vales regalo, deberá iniciar un novo proceso de compra. Non se pode canxear un bono regalo con outro bono regalo.
- No caso de canxear un bono cun importe superior ao do obradoiro, o valor deste, restarase do valor do bono.
- En caso de cancelación do obradoiro, procederase ao reintegro das cantidades aboadas, ou ao cambio por outro taller se é do seu interese.