LEONORA CARRINGTON
Existe un pracer básico en pintar, tomar un lapis e desfrutar do proceso creativo. A pintura e o debuxo favorecen a concentración, paciencia, perseverancia, disciplina, creatividade… e son unha forma de expresión na que manifestar sentimentos, emocións e pensamentos.
As nosas aulas están orientadas a todos os públicos e niveis: desde os principiantes (sen experiencia previa) ata os avanzados (iniciados na materia).
Pintura ao óleo:
Aprenderás a técnica do óleo directamente dende a mancha, sen pasar polo debuxo. Especialmente dirixido a todos aqueles que queian empezar coa pintura. Formarás coa experiencia dun dos grandes maestros da pintura galega e pasarás por un amplio temario sobre paisaxes, mariña, retrato...
Impartido por Raúl Gil.
Iniciación ao debuxo:
Aprenderás unha nova forma de debuxar sinxela e eficaz, deixandote guiar pola profesora, que che dará as ferramentas que nunca che explicaron para que o teu ollo se vaia acostumando a plasmarlas na túa obra. Animaremosche a deixar a un lado o feito de debuxar atada a unha fotografía copiada para comezar a debuxar ó natural e crear os teus propios traballos.
Impartido por Beatriz Seijo.
Acuarela Vol.2:
Este curso está enfocado @s alumn@s que xa cursaran os obradoiros de iniciación ó debuxo e cor e xa coñecen a técnica da acuarela. Avanzaremos nesta técnica abrindo novos horizontes para chegar a crear proxectos máis persoais.
Impartido por Beatriz Seijo.
Debuxo e pintura:
Afianzaremos os coñecemento xa adquiridos de debuxo e nos adentraremos no mundo da cor, diseccionandoa sen teorías nada maxistrais si non segundo o enfoque da teoría da cor que utiliza Beatriz Seijo. Descompondremos obras da artista e analizaremolas dende un punto de vista cromático mencionando algunhas partes da historia do arte e levandoas á práctica. Traballaremos distintas técnicas, entre ellas a acuarela. Impartido por Beatriz Seijo.
Impartido por Beatriz Seijo.
O obxectivo é transmitir os nosos coñecementos de forma personalizada. Por tanto, acompañaremos a cada alumno no seu proceso de creación, xa que a partires dunha boa base os caminos son infinitos. Daremos importancia á técnica e creatividade, para lograr unha total soltura de expresión e estilo.
O noso traballo ven respaldado por unha longa traxectoria de profesionais especializados e con unha ampla experiencia.
Se buscas un obradoiro de arte en Santiago de Compostela no que ensinemos os coñecementos necesarios para crear un mesmo, sen estar coxeando e atado siempre ás láminas ou fotografías. Utilizando directamente o natural como referencia. Adquirendo os coñecementos de grandes mestres do debuxo e a pintura. Alonxándose así de tantas “aulas de pintura” que acaban convertíndose en aulas de manualidades e confunden os verdadeiros coñecementos necesarios para traballar creativamente.
Como obradoiro de debuxo e pintura partimos da base que todos “podemos” debuxar e crear. E como confiamos nelo apoiámosvos en todo o camiño e deste modo volcámonos nel.
Ti marcarás o teu propio ritmo, mergullándote no mundo da arte con total liberdade So necesitas curiosidade e gañas de aprender.