LEONORA CARRINGTON
Existe un pracer básico en pintar, tomar un lapis e desfrutar do proceso creativo. A pintura e o debuxo favorecen a concentración, paciencia, perseverancia, disciplina, creatividade… e son unha forma de expresión na que manifestar sentimentos, emocións e pensamentos.
As nosas aulas están orientadas a todos os públicos e niveis: desde os principiantes (sen experiencia previa) ata os avanzados (iniciados na materia).
O obxectivo é transmitir os nosos coñecementos de forma personalizada. Por tanto, acompañaremos a cada alumno no seu proceso de creación, xa que a partires dunha boa base os caminos son infinitos. Daremos importancia á técnica e creatividade, para lograr unha total soltura de expresión e estilo.
O noso traballo ven respaldado por unha longa traxectoria de profesionais especializados e con unha ampla experiencia.
Facemos especial atención a que o xogo sexa a actividade primordial do obradoiro, será a nosa principal ferramenta de investigación, descubrimento e aprendizaxe como tamén de conexión con un mesmo, atopando así un camiño de libertade de expresión.
Se buscas un obradoiro de arte en Santiago de Compostela no que ensinemos os coñecementos necesarios para crear un mesmo, sen estar coxeando e atado siempre ás láminas ou fotografías. Utilizando directamente o natural como referencia. Adquirendo os coñecementos de grandes mestres do debuxo e a pintura. Alonxándose así de tantas “aulas de pintura” que acaban convertíndose en aulas de manualidades e confunden os verdadeiros coñecementos necesarios para traballar creativamente.
Como obradoiro de debuxo e pintura partimos da base que todos “podemos” debuxar e crear. E como confiamos nelo apoiámosvos en todo o camiño e deste modo volcámonos nel.
Ti marcarás o teu propio ritmo, mergullándote no mundo da arte con total liberdade So necesitas curiosidade e gañas de aprender.