Description
Deixa a túa pegada persoal nunha peza de cerámica
Nos obradoiros de Ilustra Cerámica podes darlle vida a unha peza de cerámica precocida. Comezando cun obxecto que actúa como lenzo en branco, podes centrarte en ilustrar con esmaltes, creando patróns repetitivos e motivos xeométricos ou orgánicos. Se o prefires e te ves con ganas, tamén podes crear ilustracións máis elaboradas.
Esta é unha actividade relaxante, ideal para gozar a calquera hora do día, xa sexa só, con amigos ou en familia (os nenos de 8 anos ou máis deben ir acompañados dun adulto). Inclúense todos os materiais, os esmaltes e a cocción.
Como funciona o obradoiro de Ilustración Cerámica?
É un formato flexible: reservas a túa praza e, unha vez no noso taller, escolle a peza ou pezas que queres ilustrar. Se tes algunha dúbida, o noso equipo asesorarache para axudarche a tomar a mellor decisión:
-
Reserva praza: Escolle o día e a hora que máis te conveña. ¡Xa tes un sitio no noso taller!
-
Elixe a peza: Temos un amplo stock de pezas cerámicas xa precocidas para que escollas a que máis te guste. As pezas páganse a parte da reserva.
-
Ilustra ao teu ritmo: Os nosos talleres duran 2 horas e podes ilustrar máis dunha peza se así o desexas… Todo depende das tuas ganas!
-
Esmaltado final: O noso equipo encárgase do esmaltado e posterior forneado das pezas para que teñan uso alimentario.
Todo o que necesitas para dar renda solta á túa creatividade
No noso obradoiro de ilustración cerámica, asegurámonos de que teñas todo o que necesitas. Proporcionámosche pezas precocidas para que elixas as túas favoritas, lapis, pinceis, esmaltes, deseños de mostra e moito máis.
É a experiencia ideal para @s entusiastas da ilustración e a cerámica que buscan unha actividade única en Santiago de Compostela ou simplemente para aquelas persoas que queiran pasar un tempo de calidade creando algo fermoso e orixinal.
Agardamos verte no noso obradoiro de Ilustración Cerámica!













