Description
O agasallo perfecto: tempo para gozar e crear
Moitas veces, os mellores recordos non se gardan nun andel, senón que se viven. Coa nosa Tarxeta Agasallo de Experiencias regalas un descanso na rutina, un espazo de calma e unha actividade diferente no corazón de Santiago de Compostela. É o detalle ideal para aqueles que valoran aprender algo novo nun ambiente relaxado e acolledor.
Non sabes que cantidade escoller? Aquí tes algunhas ideas
As nosas tarxetas de agasallo Experience non están vinculadas a ningún obradoiro ou curso específico. É dicir, pódense trocar por calquera actividade da nosa escola.
En todo caso, para axudarche a elixir a cantidade coa que queres cargar a tarxeta, poñémosche algúns exemplos das actividades que se poden realizar en función do teu saldo:
- Taller intensivo (3 horas e media) para unha persoa: 60 €
- Sabor do venres, vermú ou café + Sesión de cerámica (2 horas) para dúas persoas: 70 €
- Curso de iniciación á cerámica (2 horas semanais / 4 semanas): 100 €
- Curso de iniciación ao torno (2 horas semanais / 4 semanas): 125 €
E se estas opcións non encaixan, lembra que o vale tamén se pode trocar polo noso curso continuado ou calquera outro evento especial que publiquemos no sitio web.
Como funciona o cheque agasallo?
O proceso é moi sinxelo:
- Compra: escolle o importe e recibe un código de canxe único.
- Entrega: envías o código por correo electrónico ou solicitas a nosa tarxeta física personalizada.
- Disfruta: o destinatario escolle o seu obradoiro favorito no sitio web e introduce o código para descontar o importe da súa reserva.
Escolle o formato: dixital ou físico
Sabemos que a presentación é importante. Por iso ofrecémosche dúas modalidades:
- Envío virtual (inmediato): Recibirás un cupón dixital no teu correo electrónico inmediatamente despois da compra. Perfecto para agasallos significativos de última hora.
- Tarxeta física (+3€): Se prefires entregar algo tanxible, preparamos unha tarxeta física cun deseño moi coidado. Podes solicitalo na compra e recollelo no noso estudo de Santa Marta (Santiago de Compostela)..
Flexibilidade total
Queremos que o agasallo se disfrute sen presión. Por este motivo, todas as nosas tarxetas de agasallo teñen unha validez de 1 ano completo desde o momento da compra. Así, a persoa afortunada poderá elixir o momento perfecto para vivir a súa experiencia creativa.







