Description
Xoiería cerámica en Santiago: crea os teus propios pendentes
Se che atrae o mundo da xoiería e a bixutería, e ademais apaixónache a cerámica, este taller é o indicado para ti. O noso taller de xoiería cerámica en Santiago de Compostela está pensado para combinar estas dúas disciplinas, axudándoche a deseñar e crear un elenco de pezas elegantes, sutís e cheas de personalidade.
Neste obradoiro aprenderás as técnicas básicas de modelado manual do barro aplicadas a pequenos formatos. O noso profesorado guiarate durante as dúas horas que dura o taller para que poidas desfrutar plenamente da experiencia e esquézaste da tensión do día a día. Queremos que crees unhas pezas marabillosas mentres desfrutas dun ambiente relaxado e acolledor.
Un taller pouco habitual e diferente
Este taller de xoiería cerámica é especial por dous motivos. O primeiro é que non se celebra de forma habitual, só organizamos unhas poucas sesións ao longo do curso lectivo. Por outra banda, trátase dun taller no que se traballan pezas cerámicas de pequeno tamaño e que está moi enfocado ao detalle, a deixar moi ben rematados os acabados e a realizar un traballo exquisito cos engobes.
O equipo da escola se esmera con cariño á hora de manipular estas pezas de xoiería cerámica durante os diferentes enfornados, xa que son máis fráxiles do normal. Ademais, unha vez esmaltadas, colócanse separadas unhas doutras en soportes especiais de aceiro. Un traballo laborioso e que esixe dedicación.
Comparte a experiencia e desfruta
Desconecta da rutina no noso taller de xoiería cerámica. Unha forma de desfrutar de tempo de calidade para tí mesm@ ou ben para compartir con amigos, parella ou familia. Encargámonos de que non che falte de nada: ferramentas, barro de alta calidade, engobes, etc (*). Ti só tes que traer ideas e ganas de desfrutar.
(*) Os peches, ganchos, pernos, cordóns… para engarzar as pezas de cerámica non están incluídos neste taller.









