Description
Deixa a túa pegada persoal nunha peza de cerámica
Nos obradoiros de Sesión Vermú + Ilustra Cerámica podes darlle vida a unha peza de cerámica precocida. Comezando cun obxecto que actúa como lenzo en branco, podes centrarte en ilustrar con esmaltes, creando patróns repetitivos e motivos xeométricos ou orgánicos. Se o prefires e te ves con ganas, tamén podes crear ilustracións máis elaboradas.
Creamos este taller para que podas combinar a cerámica con un dos momentos do día que máis desfrutamos, a hora do aperitivo. Achégate ata a nosa escola e participa, ben de forma individual, con amigos ou coa familia. Inclúense todos os materiales, esmaltes, cocción e, por suposto, unha consumición.
Como funciona o obradoiro de Ilustración Cerámica?
É un formato flexible: reservas a túa praza e, unha vez no noso taller, escolle a peza ou pezas que queres ilustrar. Se tes algunha dúbida, o noso equipo asesorarache para axudarche a tomar a mellor decisión:
-
Reserva praza: Asegúrate de facerte cun sitio no noso taller. Agardámoste!
-
Elixe a peza: Temos unha selección de pezas cerámicas xa precocidas entre as cales podes escoller a que máis che guste.
-
Desfruta da consumición: Este taller inclúe un auga, refresco, café, viño, vermú, cervexa… e unha tapa. A hora do aperitivo non sería o mesmo sen ela!
-
Esmaltado final: O noso equipo encárgase do esmaltado e posterior forneado das pezas para que teñan uso alimentario.
Todo o que necesitas para dar renda solta á túa creatividade
No noso obradoiro de sesión vermú + ilustración cerámica, asegurámonos de que teñas todo o que necesitas. Proporcionámosche pezas precocidas para que elixas as túas favoritas, lapis, pinceis, esmaltes, deseños de mostra e moito máis.
É a experiencia ideal para @s entusiastas da ilustración e a cerámica que buscan unha actividade única en Santiago de Compostela ou simplemente para aquelas persoas que queiran pasar un tempo de calidade creando algo fermoso e orixinal.
Agardamos verte no noso obradoiro de Sesión Vermú + Ilustración Cerámica!















