Description
Enche a túa casa de alegría: crea os teus propios adornos de Nadal
O noso taller máis querido, o máis esperado e o que maior ilusión esperta: Adornos de Nadal. Enche a túa casa de luz e alegría durante a época máis bonita do ano con pezas de cerámica elaboradas coas túas propias mans. Durante dúas horas poderás modelar e personalizar creacións que sirvan para decorar cada recuncho do teu fogar: árbores pequenas, bastóns, estrelas, bólas…
Neste taller aprenderás técnicas básicas de modelado manual da arxila como, por exemplo, a prancha e o acuñado, para poder elaborar pezas de pequeno formato. O noso profesorado guiarate paso a paso e axudarate en todo momento, dándoche as indicacións necesarias para que leves a bo porto o teu traballo.
Unha actividade para toda a familia
O noso taller de adornos de Nadal é apto para todos os públicos, tanto se queres asistir solo, en parella, coa túa cuadrilla de amigos ou en familia.
Os nenos entre 4 e 12 anos teñen que vir acompañados por un adulto (que tamén participará no taller) e os mozos a partir de 12 anos poderán asistir sós, desfrutando da experiencia baixo a nosa supervisión.
O taller máis especial de todo o ano
Adornos de Nadal podería dicirse que é o taller máis especial de todos os que programamos ao longo do curso lectivo. Trátase dunha actividade que, por motivos obvios, só ten lugar durante unha tempada moi curta. Ademais, as pezas elaboradas son de pequeno tamaño, polo que requiren unha manipulación exquisita por parte do noso equipo docente durante os dous procesos de enfornado e esmaltado. Ademais, hai que calcular moi ben os prazos para que as pezas estean terminada xusto a tempo para decorar a túa casa.
Este taller sempre ten unha alta demanda… Reserva a túa praza!











